O programa de limpeza de cunetas xa actuou en Santa Icía, Mandiá-Papoi e Covas

O plan de traballo cubrirá 23 quilómetros das parroquias do rural e se extenderá ata finais de xuño
96215599_2944034062359396_6801805927033864192_o

O Concello de Ferrol vén de rematar as labores de limpeza de cunetas nas parroquias de Santa Icía, Mandiá-Papoi e Covas. O plan de traballo de limpeza de gabias que percorrerá as 11 parroquias do rural iniciouse o pasado 4 de maio e polo momento xa se rematou en tres delas. Este programa alargarase nove semanas, polo que está previsto que remate a finais de xuño. Cubrirá un total de 23 quilómetros e está a servir para a correcta evacuación de augas no marco do mantemento de cara á primavera.

Ademáis, o 18 de maio comezou o segundo plan de rozas de vías deste ano, co que se garante a visibilidade e unha maior seguridade nos camiños e estradas de titularidade municipal. Estas labores finalizaron xa na parroquia de Mandiá-Papoi e estase a repasar en Santa Icía. Ademais, esta mesma semana iniciáronse os traballos de rozas en Covas. Este programa alargarase durante 8 semanas, polo que está previsto que remate na primeira quincena de xullo.

Para a elección das zonas nas que se está a traballar, o Concello de Ferrol tivo en conta as achegas realizadas pola cidadanía a través do tecido asociativo do rural, explicaron desde o Concello.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.