O goberno local de Ferrol informou hoxe ao resto de grupos municipais de que os servizos que viña ofrecendo o Punto de Información Catastral vanse trasladar ao pazo municipal. O Concello os vai asumir de forma directa e van ser prestados por persoal da Administración local da mesma maneira que se viña facendo ata agora.
O executivo local tamén avanzou que, logo de que rematara o contrato da empresa que viña desenvolvendo estes labores, a súa intención é ampliar a atención ao público do Punto de Información Catastral, para o que se está analizando a posibilidade de prestar o servizo a través da Dirección Xeral do Catastro. Ademais, esta opción sería, en principio, máis económica que a de contratar unha empresa externa.