O rural ferrolán celebra por primeira vez o seu propio acendido de Nadal

Ademais do acto de acendido das luces, que incluíu a iluminación dunha árbore, o evento contou coa actuación da rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá e a visita de Papá Noel acompañado dunha elfa
O alcalde e a edil de Zona Rural acudieron ao acto de acendido de luces en Serantes
O alcalde e a edil de Zona Rural acudieron ao acto de acendido de luces en Serantes

O local social de Serantes acolleu esta tarde o acto de acendido de Nadal no rural, un evento que o Concello celebra por primeira vez. O rexedor ferrol, Ángel Mato, acudiu ao evento acompañado pola concelleira de Zona Rural, Ana Lamas, e multitude de persoas, nun evento que da resposta á demanda por parte da veciñanza de incluír este ámbito do municipio nos actos tradicionais de acendido do alumeado de Nadal. Deste modo, ás 40 arcadas que cada ano se colocaban no rural, nesta ocasión sumáronse outras 80, o que suman un total de 120 elementos.

Ademais do acto de acendido das luces, que incluíu a iluminación dunha árbore, o evento contou coa actuación da rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá e a visita de Papá Noel acompañado dunha elfa, que recolleron as cartas dos pequenos que se atopaban no local da asociación veciñal. O acto rematou cunha festa na que os asistentes gozaron de pinchos e da actuación musical de Jorge Latino.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.