O «Serviola» parte a unha nova misión de vixilancia no Cantábrico

Patrullará a costa norte de España durante doce días controlando a actividade marítima na zona
IMG-20200206-WA0043

O patrulleiro de altura «Serviola», con base en Ferrol, sae á mar o 1 de xuño para realizar unha nova misión de vixilancia e seguridade marítima no norte de España ata o 12 de xuño. A misión do buque da Armada Española é implementar o control dos espazos marítimos de soberanía e interese nacional na costa atlántica española e no mar Cantábrico.

Durante este despregamento, o «Serviola» estará dirixido polo Mando de Operacións, a través do Mando de Vixilancia e Seguridade Marítima ( MVSM) da Armada. Como parte da súa misión de vixilancia e seguridade marítima dentro das operacións permanentes das Forzas Armadas, correspóndelles aos buques da Armada monitorar a actividade marítima, contribuír ao coñecemento da contorna marítima na área de operacións asignada.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.