A Concellería de Servizos de Ferrol, que xestiona entre outros as labores de limpeza e recollida de lixo, manifestou a súa preocupación de moitos destes traballadores cando teñen que recoller coas máns -aínda levando luvas- as bolsas que algúns veciños deixan fora dos contenedores. Por iso, dende o Concello, apelan ao civismo do ferroláns para que depositen os residuos no interior dos contenedores, facilitando o traballo dos servizos de recollida de lixo e protexendo máis aínda aos seus traballadores.
Ademáis, recordan que se mantén suspendida temporalmente a retirada de voluminosos, para centrar os
esforzos da concellería nas medidas hixiénicas. Así, durante as últimas semanas véñense potenciando o baldeo de rúas e a aplicación de lixivia á entrada de establecementos de alimentación e outros lugares públicos, en detrimento de outros servizos que, mentres dure o confinamento, o Concello entende que non son prioritarios, coma a recollida de mobles.
A reorganización está facendo posible que as quendas do persoal de limpeza cheguen a todo o territorio municipal. Onte mesmo os traballadores dedicados ao baldeo pasaron durante a mañá polas rúas de Canido, o Ensanche A e o Ensanche B. Os seus compañeiros da tarde percorreron Caranza, Catabois e San Pablo, e os da noite dedicáronse á Magdalena e Esteiro Vello.
Pola súa banda, os que teñen encomendada a desinfección fixeron tres percorridos. Un deles comezou en San Felipe e concluíu en Ferrol Vello tras pasar por Brión, Valón, Doniños e o centro urbano. Outro pasou por Vilasanche, Mandiá, Ensanche A e Ensanche B, e o derradeiro, por Papoi, Covas, Esmelle, San Xurxo, Caranza, vivendas da Bazán e Telleiras. O persoal dedicado a estes labores céntrase en hixienizar todas as zonas nas que se rexistre moito paso de xente, como supermercados, panadarías, farmacias, quioscos, estancos, paradas de transporte público, bancos e contedores, entre outros.