O servizo de socorrismo comeza mañá sábado nos areais de Ferrol

Os 45 socorristas estarán despregados nas praias ata o 27 de setembro
2019061119080012623 (1)

O servizo de salvamento nas praias ferrolás comezará a funcionar este sábado, 27 de xuño, a mediodía. Tras a finalización de todas as probas de selección e para elixir un coordinador de praias e responsables de casetas, os 45 socorristas do Concello de Ferrol serán os primeiros da comarca en comezar a traballar este ano. Antes da declaración do estado de alarma debido á covid-19, estaba previsto que puideran facelo a mediados de mes, pero a situación e epidemia causou unha dilatación no inicio da selección de persoal.

Entre o luns e o martes desta semana, mentres se realizaba a proba escrita para elixir aos responsables dos socorristas e o tribunal avaliaba os resultados, a concellería de Servizos instalaba as casetas móbiles nas praias que non contan con instalacións fixas. O servizo prestarase ata o domingo 27 de setembro.

En paralelo, o departamento que dirixe a concelleira Ana Lamas vén realizando  durante as últimas semanas reparacións e substitucións de elementos deteriorados, instalación de duchas sanitarios portátiles e traballos de roza e limpeza. O pasado martes, Lamas recolleu as bandeiras azuis que este ano lucirán de novo Doniños, Esmelle, San Xurxo e A Fragata, e que se izarán nos próximos días.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.