O Supremo dalle a razón a Navantia, que non terá que pagar o IBI en Ferrol

O alto tribunal contravén as anteriores sentenzas do Contencioso Administrativo de Ferrol e do TSXG que sí daban a razón ao Concello
Astillero de Navantia Ferrol
Astillero de Navantia Ferrol

Gran revés para o Concello de Ferrol coa última sentenza do Tribunal Supremo que acordou que a empresa pública Navantia queda exenta de aboar ás arcas municipais o Imposto de Bens Inmobles polos terreos que ocupa. Ata o 2015 o estaleiro estaba exento deste pago, pero unha modificación do convenio con Defensa fixo que Navantia pasara a ser concesionaria dos terreos e instalacións que ten en Ferrol, o cal abriu a posibilidade de que empezase a pagar o IBI.

En sendas sentenzas, tanto o Contencioso Administrativo de Ferrol como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia si viron motivos técnicos que lle daban a razón ao Concello, pero agora o a sala do Contencioso Administrativo de Madrid lles quita a razón de forma irrevocable. En total son 1,4 millóns de euros os que supostamente Navantia debía pagar polos exercicios de 2015 a 2017.

A resolución do Supremo baséase en que os terreos de Navantia establecéronse orixinariamente coma un ben para a defensa nacional, concretamente dentro dos «recursos industriais necesarios para lograr os objetivos fixados na política de defensa». Explica, polo tanto, que dado que se trata de terreos propiedade do Estado o feito de que unha empresa pública estea realizando unha actividade económica «non desvirtúa os obxectivos do servizo público da defensa nacional». Isto contradí o que sí explicaban as sentenzas anteriores, que se baseaban en que Navantia desenvolvía unha actividade económica co fin de obter beneficios.

Desde o Concello de Ferrol lembraron que este proceso xurídico ten un longo recorrido e explica que se lle dará cumplimento a esta nova sentenza «como non podería ser de outra forma».  Con todo, indican que os servizos xurídicos do Concello continúan estudando o caso.

Críticas do Bloque ao marco legal

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario que se afronte dunha vez o problema estrutural desde unha perspectiva política e non xudicial. «As reiteradas sentenzas, unhas nun senso e outras no contrario, demostran que o problema de fondo está no marco legal gravemente perxudicial para os intereses da cidade», din os nacionalistas.

Este marco legal supón para a cidade de Ferrol unha eiva estrutural e a perda de ingresos anuais que como mínimo superan o millón de euros, tal e como se cuantificaron no único informe ao respecto, datado en outubro de 2020 pola concellería de Facenda e patrimonio, en 1.1263.525 euros.

Neste senso o portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, instou ao Concello à elaboración dun informe actualizado da perda de ingresos que supón para o concello a actual situación, a esixir do Estado o pago dunha compensación, a incorporar nos orzamentos do estado, «co obxecto de paliar esta perda de ingresos municipais mentres non se modifica o marco legal e a esixirlle ao goberno do estado a modificación do marco legal, de máis de 40 anos, que avala esta situación discriminatoria para coa nosa cidade».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.