Os xulgados de Ferrol recibiron 409 novos asuntos tralo reinicio da actividade xudicial

Neste mesmo periódo notificáronse na sede xudicial 318 resolucións
F13G4041

Os xulgados de Ferrol recibieron na última semana, do 8 ao 14 de xuño, 409 asuntos dos cais 218 foron telemáticos e 191 non telemáticos. Foron os xulgados de primeira instancia os que ingresaron máis asuntos, ata un total de 216 casos, 96 se iniciaron en Instrucción, 59 nos xulgados do Social e 30 casos foron recibidos polo xulgado do Penal. Neste período non se iniciaron novos asuntos nin nos xulgados de violencia da muller, nin no de menores, nin no mercantil.

Neste mesmo periódo notificáronse nos xulgados de Ferrol 318 resolucións. A meirande parte delas, un total de 177 foron provindecias, ademais de 62 decretos de finalización de procedemento e 61 autos. As sentenzas durante esta semana foron 18.

Cabe recordar que os prazos procesuais, suspendidos polo Ministerio de Xustiza o 14 de marzo debido á crise sanitaria do COVID-19, foron alzados o pasado 4 de xuño, polo que hai pouco máis de trece días que se retomou a actividade na sede xudicial.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.