Oito quilómetros de senda peonil de Caranza ata A Malata

O percorrido estará dispoñible para os viandantes durante as próximas fins de semana mentres dure o Estado de Alarma

O Concello de Ferrol vén de rematar o plan que permitirá habilitar a Senda 8.000, unha nova iniciativa do equipo do goberno local coa que pretende poñer a disposición dos veciños da cidade o maior espazo posible para os paseos permitidos nos horarios establecidos polo Goberno central.

O plan, posto en marcha de forma coordinada entre as concellerías de Seguridade e a de Mobilidade activarase esta mesma fin de semana, desde o sábado ás 17.00 horas ata a última hora do domingo.

O percorrido peonil inclúe a avenida do Mar, en Caranza, rúa Telleiras, avenida de Esteiro, estrada de Caranza, avenida de Mac Mahón, rúa Taxonera, rúa dos Irmandiños, Paseo da Mariña, estrada Alta do Porto, rúa Celso Emilio Ferreiro, rotonda sobre a autovía e, finalmente, o paseo da Malata.

A Senda 8.000 supón o corte total o parcial do tráfico de vehículos polo seu itinerario, que estará debidamente sinalizado e poderá percorrerse a pé desde a tarde de mañá sábado, 9 de maio, ata última hora do domingo.

 

Salir de la versión móvil