Os alumnos que están participando no programa formativo Relevo2020, posto en marcha polo GALP Golfo Ártabro Norte, e que se está celebrando todos os martes no Antigo Hospicio de Ferrol, visiaron a confraría de mariscadores de Barallobre. Unha actividade que se enmarco como complemento á formación que reciben semanalmente.
O alumando puido coñecer, da man de Jorge López , o patrón maior, a estructura e funcionamento da confraría ademais de ver o produto extraído (ameixa, ostra….) polas persoas asociadas do pósito. Coñeceron tamén a parte de depuradora e o punto de venta final que xestionan tamén dende a propia confraría.
Estas visitas son interesantes non só pola información recibida senón porque poñen ao alumnado en contacto directo coas persoas e entidades do sector, ademais de achegalos ás actividades e profesións do mesmo e amosarlles de xeito directo o día a día das xentes do mar.
O seguinte seminario abordará o camiño dos produtos do mar ata o consumidor final, pasando pola comercialización, depuradoras, ventas, zonas de extracción, toxinas, especies comerciais, tallas mínimas ou vedas, entre outros. Haberá máis visitas e encontros.
O programa de contidos do proxecto está estruturado de maneira que o alumnado participa en dous seminarios e dúas titorías mensualmente e que, nesas sesións pode coincidir unha visita a algunha zona ou entidade de interese ou ben un encontro con algunha persoa do sector ou que desenvolva a súa actividade en relación a él.
O primeiro dos seminarios versou sobre o sector pesca – mar e o seu obxectivo non foi outro máis que o de ofrecer unha visión xeral da estrutura que ten o sector, de cómo se organiza, coñecer recursos web nos que obter información de interese e recoñecer o peso que ten na comunidade galega.