Os bombeiros de Ferrol actuaron hoxe en cinco incendios urbanos

Dúas bodegas, un tellado dun garaxe, un contedor e un vehículo arderon ao longo do día de hoxe

Os bombeiros de Ferrol tiveron que intervir hoxe en catro incedios ocorridos ao longo do día en diferentes puntos do municipio e, ademáis, colaboraron no rescate do corpo da muller aparecida morta nun regato de San Felipe. Os equipos de extinción tivo que actuar nun incendio na avenida do Rey a primeira hora da tarde por un lume nun garaxe. Ao parecer, un aparato de airea condicionado caeu sobre un tellado de PVC e prendeu, provocando unha boa candidade de fume e chamas. Non houbo que lamentar máis que os danos do propio tellado e ningún dos vehículos quedou afectado.

Tamén interviron nun incendio no barrio de O Bertón, nunha pequena escombreira que se atopa agochada entre os matorrais. Os veciños da zona xa denunciaron dende fai tempo a falta de mantemento das especies vexetais das zonas axardinadas, que supoñen un perigo neste tipo de situacións.

Outro dos incendios tivo lugar nunha bodega da rúa Enxeñeiro Sánchez Bort, no barrio do Inferniño. Trátase dun baixo duns 11 metros cadrados abandonado e cheo de madeira e cartóns. A intervención foi rápida e impediu que o lume afectada aos inmobles colindantes. Preto de alí, na rúa Méjico, tiveron que sofocar un lume nun contenedor de cartón que apareceu ardendo. Foron os viandantes os que deron a voz de alarma.

Ademáis, a última hora da tarde, na rúa Galego Soto, entre a avenida de Esteiro e Recimil, os Bombeiros tiveron que intervir tras outra chamada cidadá avisando de que había un vehículo en chamas. Ao parecer, o turismo levaba abandonado varios meses e xa non tiña batería, polo que todo indica que poido ser provocado.

 

Salir de la versión móvil