Os bombeiros de Ferrol intensifican a limpeza en hospitais, ambulatorios e residencias

Executaranse nos horarios de menor afluencia de persoas para evitar molestias aos usuarios
bomberos ferrol covid limpieza desinfeccion (17)
PUBLICIDAD

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, anunciou esta mañá que o Concello de Ferrol vén de intensificar a desinfección nos exteriores de hospitais, ambulatorios e residencias de maiores co fin de “seguir loitando” contra a propagación da Covid-19 entre a poboación, polo que desde onte mesmo os labores de hixienización se están a levar a cabo a diario e non en días alternos, como ata agora.

Desde modo, tres efectivos do corpo de Bombeiros de Ferrol dotados con equipos de protección individual (EPI) e un camión bomba pulverizan a diario solución desinfectante nos accesos aos ambulatorios de Plaza de España, Serantes e Caranza, ao Edificio Social da concellería de Benestar Social e ás residencias de maiores. Tamén nos exteriores do albergue de Caranza, do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e do Centro de Atención a persoas con discapacidade (CAMF), entre outros espazos.

“Executaranse nos horarios de menor afluencia de persoas para evitar molestias”, explicou Cosyota, e indicou que o fin de reforzar os traballos de desinfección “é poñer todos os medios que temos no Concello para protexer aos nosos veciños e seguir loitando entre todos contra a propagación da covid-19”.

Máis de 800 intervencións durante o estado de alarma

O Corpo de Bombeiros de Ferrol realizou durante o tempo que durou o estado de alarma un total de 820 desinfeccións en diferentes espazos da cidade. No mes de marzo e abril sumaron 383, en maio outras 374 e en xuño, ata a finalización do estado de alarma, fixéronse un total de 63 intervencións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.