Os Bombeiros de Ferrol realizaron 820 desinfeccións durante o estado de alarma

Desde o 28 de marzo o corpo hixienizou a diario centros hospitalarios, ambulatorios, residencias de maiores, os mercados municipais e prazas, entre outros espazos
DSCN5117

O Corpo de Bombeiros de Ferrol realizou durante o tempo que durou o estado de alarma un total de 820 desinfeccións en diferentes espazos da cidade, segundo os datos aportados polo concellería de Seguridade de Ferrol. Foi pouco despois do decreto do estado de alarma, o 14 de marzo, cando o corpo se sumou aos labores de desinfección que xa levaba a cabo o servizo municipal de limpeza da concellería de Servizos.

Así, desde o 28 de marzo ata o 15 de xuño unha cuadrilla formada por tres efectivos dotados con equipos de protección individual e un camión bomba pulverizou a diario, de luns a domingo, os accesos a distintos edificios da cidade con solucións desinfectantes. No mes de marzo e abril sumaron 383, en maio outras 374 e en xuño, ata a finalización do estado de alarma, fixéronse un total de 63 intervencións. Por espazos, os ambulatorios de Praza de España, Serantes e Caranza foron desinfectados en máis de 30 ocasións cada un, ao igual que o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF).

Un total de 30 veces acudiron a Souto de Leixa; 28 aos xulgados e á residencia de maiores Mi Casa; 27  anto ao Hospital Naval como ao Novoa Santos, ao Hospital Juan Cardona e ao albergue Pardo de Atín;  ealizaron 24 desinfeccións na fachada do pazo municipal e do edificio dos servizos sociais municipais; 23 na residencia da avenida de Esteiro; 22 no acceso á Policía Nacional; 21 no cuartel da Policía Local e no  arque de Bombeiros; 20 no tanatorio de Leixa; outras 19 desinfeccións no do polígono da Gándara; 18 na  achada da Cocina Económica e na Praza de España; 17 intervencións de hixienización nos exteriores da  esidencia de Caranza; 15 actuacións na parada de autobús de Correos, outras tantas na fachada do  dificio e 11 en cada un dos tres mercados da cidade.

Outros espazos, como o cemiterio ou os acceso a Cáritas, Asfedro, e o albergue provisional da Casa do  ar, entre outros, tamén foron desinfectados polo corpo de Bombeiros de Ferrol. O concelleiro de  eguridade, Germán Costoya, encomiou a “extraordinaria” labor do corpo de Bombeiros de Ferrol, cuxo  bxectivo foi combater a posibilidade de contaxios e a propagación da covid-19 entre os usuarios destas instalacións, que por prestar servicios esenciais permaneceron abertos. O Concello, dixo, puxo “todos os medios posibles para frear a pandemia e protexer aos veciños de Ferrol”.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.