Os hosteleiros de Ferrol poderán ampliar o espazo das súas terrazas desde o luns

A medida permite aumentar o lugar destinado a mesas e cadeiras ata chegao ao 50% de ocupación permitido polo Goberno central

Os hostaleiros de Ferrol poderán aumentar o espazo destinado ás terrazas ou a modificar a súa colocación ata chegar á instalación do 50% das mesas e cadeiras, tal e como permite o Goberno central, unha vez se inicie a fase 1 da desescalada.

Así o comunicou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, quen hai uns minutos firmou o decreto polo que se poñerán en marcha ditas medidas. Ademais, e co fin de axudar ao máximo ao sector hostaleiro, Reina anunciou que vén de ordenar a tramitación administrativa preferente e a axilización daquelas solicitudes de propietarios que desexen aumentar o número de mesas e cadeiras autorizado polo Concello con anterioridade ao inicio da crise sanitaria polo covid-19.

Poderán pedilo enviando un correo electrónico a terrazas@ferrol.es, e desde a concellería de Urbanismo estudarase cada caso de forma individual, tal e como explicou o edil.

Salir de la versión móvil