Os negocios de Ferrol pagarán o mínimo polo auga e o lixo

Un decreto de alcaldía permite aos comercios que se viron forzados a pechar polo coronavirus darse de baixa destes servizos
WhatsApp Image 2020-04-08 at 8.59.55 PM

O Concello de Ferrol acaba de pór en marcha unha nova medida económica que o goberno local viña estudando dende a declaración do estado de alarma para paliar os efectos da epidemia de COVID-19 entre o tecido económico da cidade. Onte á tarde quedou listo un decreto polo que os negocios que non poidan desenvolver a súa actividade pagarán polo recibo da auga e do lixo o importe mínimo que permite a normativa vixente, 28,19 euros. En principio, a medida afectará a marzo e abril, aínda que podería estenderse no tempo se o Goberno non levanta as restricións antes de que remate este mes.

O decreto firmado polo rexedor recolle que, dado que o peche de numerosos locais ten lugar forzosamente, estes deben pasar a considerarse en situación de “sen actividade”, o que implica a súa baixa na taxa de abastecemento de auga potable e depuración de augas residuais, tal e como contemplan as ordenanzas municipais. Isto leva aparellados cambios de tarifas na taxa de saneamento e na de recollida de residuos, ademais da exención tanto da taxa de tratamento deresiduos (canon de Sogama) coma do canon da auga da Xunta de Galicia. E dicir, unicamente aboarán os mínimos de 5,79 euros polo saneamento sen actividade e o importe reducido de 22,40 pola recollida de residuos sólidos urbanos.

A factura non incluirá os consumos de auga ante a imposibilidade de realizar as lecturas dos contadores debido á epidemia, e entendendo que para os negocios pechados deben ser gastos prácticamente inexistentes, polo que facturar un importe estimado sería sempre prexudicial para o usuario. No caso de que se rexistrase un mínimo consumo, compensarase en futuros recibos.

Prazo de solicitude

A mencionada baixa na taxa de abastecemento debe ser solicitada de forma telemática polo
interesado. O prazo do que dispón para facelo rematará o próximo 30 de abril (inclusive). Terá que acreditar ante Emafesa, mediante o epígrafe do IAE, entre outra documentación esixible, o peche efectivo do local debido ao estado de alarma. Para facelo, é necesario que se dirixa á dirección de correo electrónico [email protected], aos números de teléfono 981 369 012 e 981 369 015 ou ao fax 981 300 148. O número de locais dados de alta neste servizo supera a día de hoxe os 3.200, que pagan unha
media de 142,30 euros.

Aprazamento dos cobros correspondentes aos atrasos

O decreto firmado onte polo alcalde contempla tamén a suspensión temporal do cobro dos atrasos da taxa de depuración. Neste caso é con carácter xeral para todos os usuarios, tamén os particulares. Esta decisión adóitase debido ás “excepcionais circunstancias” e para non agravar máis a situación económica dos cidadáns.

Este decreto únese ao aprazamento da práctica totalidade das obrigas fiscais, á suspensión de taxas coma a de terrazas e á elaboración dun plan de apoio a pemes e autónomos que se financiará con dous millóns de euros procedentes do remanente de tesourería.

Mato lembrou que decretar a situación de non actividade dos establecementos que tiveron que pechar as últimas semanas é de xustiza, posto que desa maneira redúcese todo o posible un dos seus gastos fixos. O rexedor explicou tamén que a posta en marcha desta medida analizouse detidamente para acadar unha total seguridade xurídica, xa que se dispoñía de tempo suficiente antes de que se comezase a pasar ao cobro o recibo de Emafesa

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.