O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, vén de rematar os labores de recrecido do firme de cinco parques infantís da cidade. Trátanse dos de Esteiro, o de Pablo Iglesias, da Praza da Ilustración, do parque de Fontelonga e do de Fontela Leal.
Ditas intervencións forman parte do plan de reparación e mantemento das zonas para pequenos que se puxo en marcha aproveitando que con motivo do estado de alarma os nenos non podían utilizar os parques infantís. Técnicos municipais estudaron caso por caso as necesidades de cada área de xogos logo dun percorrido no que os acompañou a concelleira.
A finais de xuño o Concello iniciou a reapertura de 54 parques infantís, e en 27 deles algúns mantiveron precintados varios elementos para continuar cos traballo de reparación ou substitución de xogos deteriorados. A concellería de Obras e Servizos continuará reparando os parques ata que estean listos para que os pequenos poidan gozar deles. Aí mesmo lembraron que dende a área responsable manterán o plan de limpeza e desinfección diaria en todos os espazos para nenos.