Os parques infatís e biosaudables de Ferrol reabrirán o mércores

Cada instalación será sometida a unha desinfección diaria e contará cun cartel informativo co aforo máximo permitido no recinto
95837994_2941793472583455_4313809497916178432_o (1)

O Concello de Ferrol abrirá os parques infantís da cidade a partir de pasado mañá, mércores 24 de xuño. A reapertura destes espazos farase de forma progresiva, xa que nalgúns deles estanse realizando traballos de mantemento, e nalgúns casos aínda se van prolongar durante máis tempo. Deste xeito, os usuarios, antes de acceder aos recintos, deberán agardar a que sexan retirados os precintos por parte do persoal municipal.

Todos os parques infantís, os biosaudables destinados a persoas maiores e os de uso público ao aire libre van a someterse a un plan de limpeza e desinfección diaria das áreas de contacto das zonas comúns, como xogos para nenos, aparatos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

Esto garantirase a través dun contrato de emerxencia que vén de asinar o Concello cunha empresa especializada para  dar cumprimento á normativa autonómica que regula o emprego deste tipo de instalacións durante a “nova normalidade”.

Aforos máximos

Ademais dos labores de desinfección, o Concello vai a colocar en cada un dos parques da cidade un cartel informativo no que se indicará o aforo máximo permitido segundo o establecido pola Consellería de Sanidade e as medidas indicadas polas autoridades competentes en materia sanitaria para o mantemento das distancias de seguridade e o uso das medidas de protección física, como as máscaras recomendadas a partir dos 3 anos de idade e obrigatorias desde os 6.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.