Os populares de Ferrol propoñer potenciar o Camiño Ingles aproveitando o ano Xacobeo

Rey Varela e a candidata Nava Castro mantiveron onte un encontro con emprendedores locais do sector turístico
2020.07.07 Foto (3)

O candidato ferrolán do PP José Manuel Rey Varela acompañado da candidata ao Parlamento de Galicia, Nava Castro, mantiveron un encontro con emprendedores da área de turismo da comarca de Ferrol. “Galicia e Ferrol prepáranse para recibir aos turistas este verán ofrecendo un turismo de calidade, sostible e coas medidas de seguridade necesarias”, avanzou o popular Rey Varela.

Os populares avanzaron que a celebración do Xacobeo 2021 servirá para potenciar á a cidade de Ferrol como inicio do Camiño Inglés. «Cada ano aumenta o número de peregrinos que elixen Ferrol para comezar a súa peregrinaxe a Compostela, polo que debemos aproveitar esta sinerxia para darlles a coñecer a cidade e que regresen en calquera momento do ano, desestacionalizando o turismo», sinalou Rey Varela.

O líder dos populares dixo que queren poñer en marcha un plan de promoción do Camiño de Santiago a percorrer polo mar, para que se promova tamén a chegada de peregrinos a través dos portos como o de Ferrol «executando unha liña de melloras das infraestruturas portuarias”, revelou.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.