Os praceiros de Caranza se concentran para demandar que se axilice a reapertura do mercado e o reparto do postos

Rexeitan que a adxudicación se realice mediante un concurso público e esixen "ter puntos" no caso dun procedemento aberto
placeros caranza

Medio centenar de comerciantes do mercado de Caranza concentráronse esta mañana ás portas do seu centro de traballo para demandar ao Concello que se axilicen os trámites para a reapertura da nova praza e para que se adxudiquen «canto antes» os novos postos. Fai seis meses que as obras das novas instalacións, que puxo en marcha o anterior goberno de Ferrol en Común, están rematadas, pero todavía non está preparado o novo expediente de adxudicación dos postos.

A situación non é sinxela desde o punto de vista legal e administrativo, xa que desde que concluíu a concesión da empresa privada que xestionaba o mercado, na década dos 90, nunca se regularizou a situación dos praceiros unha vez que o mercado pasou a máns públicas. Por iso agora é imperativo que a concesión dos postos se leve a cabo mediante un procedemento aberto tal e como establece a ley.

Este é precisamente un dos asuntos que máis polémica están causando entre os praceiros de Caranza. «Dinnos que temos que ir a un concurso público para os postos. Isto significa que pode participar todo o mundo e que os praceiros de toda a vida podemos quedar fora.», lamentaba esta mañá Carlos Basoa, o presidente da asociación de praceiros de Caranza.

Durante a concrentraicón desta mañá explicaron que o contrato que firmaron fai 40 anos, no cal se sortearon os postos, remata en 3 anos, polo que consideran «inxusto» que antes desta nova data poidan quedar fora do concurso ou participar no procedemente aberto nas mesmas condicións co resto. «Creo que se se realiza un concurso aberto os que levamos aquí, 20, 30 o 40 anos, deberíamos ter algúns puntos máis para garantir dalgunha forma a nosa continuidade», explicou o representante dos comerciantes.

Ademáis, asegurou que moitos deles xa compraron o novo material para acondicionar o posto, dando por feito que volverían ao seu anterior emplazamento. «Dixéronnos que volveríamos aos nosos postos e moitos xa compramos novos mostadores, frigoríficos e outros materiais que estamos pagando», explicaron.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.