Os representantes dos comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene realizaron esta mañá un acto reivindicativo durante as maniobras de despedida do AOR «Supply», para escenificar que a marcha deste buque supón o despedimento de centos de traballadores das industrias auxiliares «que non recuperarán o seu traballo ata, polo menos, mediados de 2022», asegurou o representantes dos traballadores da factoría ferrolá, Javier Galán.
Ata esa data non está previsto que se inicien os traballos de corte de chapa e montaxe do programa das F-110, tal e como xa adiantou o Goberno central. Ademáis, parte das preto de 500 persoas que están a traballar no segundo AOR – o «Stalwart»- tamén deixarán o estaleiro de Navantia a finais de ano, cando este segundo buque parta cara Australia.
Por todo isto, os sindicatos iniciarán tralo periodo vacacional unha serie de movilizacións para demandar ao executivo de Pedro Sánchez e á propia Navantia carga de traballo para o próximo ano, xa que durante o 2021 as gradas poderían permanecer baleiras. «A comarca non se pode permitir esta morea de despedimentos e que non haxa ningún proxecto sobre a mesa», dixo Galán, lembrando que uns 3.000 traballadores da industria auxiliar poderían pasar máis dun ano no paro. Ademáis, os sindicatos denunciaron hoxe que moitos deste operarios das empresas subcontratadas por Navantia non cobraron todavía os ERTE’s correspondentes ao primeiro trimestre e parte do segundo trimestre do ano.
A única solución para obter carga de traballo durante o 2021 pasa pola xa demandanda construcción dun novo buque de apoio loxístico (AOR) xemelo do Patiño, aínda que o Goberno e o Estado Mayor da Defensa xa reiteraron fai poucos meses que non estaba dentro dos plans do Ministerio.
Reactivar a fábrica de Turbinas
Os representantes sindicais indicaron que unha das súas grandes loitas coa dirección do estaleiro está a ser a reactivación da fábrica de Turbinas. Javier Galán asegurou que existe nicho de mercado para este departamento, pero lamentou a pouca vontade do estaleiro público para conseguir contratos e grandes proxectos. «Podería ser un punto de inflexión para o emprego da comarca se lográsemos poñela outra vez en marcha».
Pola súa banda, a presidenta do comité de Fene, Adela López, esixiu para a antiga Astano un plan concreto e específico de diversificación, máis alá dos contratos da eólica mariña. «É a única forma de ter unha verdadeira carga de traballo e que sexa un estaleiro rendible», explicou a representante sindical. A factoría fenesa comezará este outono co novo proxecto para Iberdrola xunto con Windar, para o parque Saint-Brieuc, que supoñerá pouco máis dun ano de carga de traballo. «Ninguén nos garante que no 2022 nos esteamos coa factoría baleira como Ferrol», dixo Adela López.