O Concello de Ferrol facilitou onte equipos de protección individual (EPI) ás dúas asociacións que agrupan aos taxistas da cidade, Tele Taxi e Radio Taxi. Onte pola tarde, recolleron no antigo Hospicio, onde a concellería de Seguridade instalou o centro loxístico para a distribución deste tipo de material, 150 máscaras tipo FFP1 e tres caixas de luvas.
Atendendo ao número de licencias, a Radio Taxi entregáronselle 100 máscaras e dúas caixas de guantes, mentres que a Tele Taxi foron 50 máscaras e unha caixa de guantes, para que llos fixesen chegar aos seus membros coa maior premura posible.
O edil de Mobilidade, Julián Reina quixo pór de manifesto o “esforzo que están a facer os taxistas ao estar expostos para trasladar á xente nos seus vehículos”, polo que o Concello debía contribuír a que corresen “o menor risco posible” no exercicio da súa profesión.