Os traballadores da biblioteca municipal de Ferrol retoman as protestas

Desde Ferrol en Común volveron esixir ao goberno local diálogo para atender as peticións do plantel, que se queixa da merma de traballadores e da calidade do servizo
Archivo - Protesta de trabajadores de las bibliotecas
Archivo - Protesta de trabajadores de las bibliotecas

Despois de dous meses de paros, o plantel da biblioteca municipal de Ferrol realizará unha nova xornada de folga para seguir reclamando máis persoal e frear o deterioro do servizo. Tamén rexistrarán máis de 900 sinaturas recollidas entre os usuarios e usuarias da biblioteca e a cidadanía en xeral, a cal comparte a demanda dun servizo público de biblioteca de calidade, no que a merma na plantilla está a causar numerosos inconvintes no uso deste espazo público.

Ferrol en Común, que estivo a facerse eco das protestas dos traballadores da biblioteca, considera «inaceptable esta situación na que o persoal de bibliotecas ten que manifestarse nas portas do Concello agardando que o goberno municipal lles escoite e busque unha solución ao problema».

Por iso veñen de demandar ao goberno local que «se tome en serio as reivindicacións do persoal de biblioteca e comece un diálogo cos traballadores e traballadoras deste servizo e unha búsqueda conxunta de solucións».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.