Os últimos retoques da nova praza de Armas

As estimacións do Concello de Ferrol sitúan a data do fin da obra na próxima semana
DSC_2047

A reforma da praza de Armas de Ferrol foi un proxecto cheo de cambios, imprevistos e paróns, pero a obra atópase xa nunha fase moi avanza e a piques de rematar. Os operarios afánanse en colocar os últimos adoquíns das rúas da Terra e da Rubalcava e os perfís de granito que bordean o pazo municipal.

Onte colocáronse algúns elementos decorativos, como as famosas estatuas dos toros ibéricos, que levan máis de catro décadas na praza e que foron reubicados dentro do novo deseño. Outro dos elementos que caracterizará á nova praza serán os bancos dobres, dispostos polo perímetro da praza. Na zona máis próixima á rúa Galiano instalouse unfa fonte de auga de fundición e tamén un pedestal de diseño antigo que levará o nome da praza.

Os últimos traballos consistirán en colocar a compactar as últimas capas de terra para darlle un aspecto uniforme a esa parte da praza. A previsión é que tódolos traballos estean rematados para a primeira semana de mayo, aínda que non se abrirá aos peóns ata o fin do confinamento.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.