Os usuarios do Souto de Leixa agasallan ao corpo de Bombeiros pola súa labor durante a crise sanitaria

A directora e o médico do centro de atención a persoas con discapacidade visitaron o parque do servizo contraincendios
2020_06_10SoutoDeLeixa03

Os usuarios do centro de atención a persoas con  discapacidade Souto de Leixa fixéronlles chegar onte aos bombeiros de Ferrol un agasallo elaborado por eles mesmos e co que queren expresarlles o seu agradecemento. Trátase dun diploma realizado con madeira, que enviaron a través da directora do centro, Montse Rouco, e do medico, Yudel Casal. Ambos visitaron o parque do servizo contraincendios do Concello de Ferrol para facer a entrega en persoa. A

lí conversaron un intre co concelleiro de Seguridade, Germán Costoya; o xefe do corpo, Aureliano Bacelo, e varios dos bombeiros que se atopaban de garda. Segundo explicaron Rouco e Casal, o confinamento pola epidemia de covid-19 significou un brusco cambio na vida dos usuarios do Souto de Leixa, que viron alterado algo tan importante para eles como eran os hábitos cotiás.

Pero, aseguraron ambos, a habitual visita dos bombeiros, que ao longo destes case tres meses desinfectaron periodicamente os accesos ás instalacións, converteuse nun motivo de ledicia para todos eles. Por ese motivo, decidiron mostrarlles o seu agradecemento.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.