Xa están en marcha as obras de reparación do aglomerado da avenida do Mar de Caranza

O proxecto, adxudicado por 149.900 euros, pretende reforzar o firme mediante a pavimentación e o asfaltado dunha das arterias máis transitadas da cidade
O Concello de Ferrol estuda ampliar a peonalización na Rúa Magdalena

Varios comercios e veciños do barrio contactaron co consistorio para alongar unha medida que ten como principal obxectivo fomentar o comercio local
Preto de 85 persoas integrarán o novo curso na Escola Náutico-Pesqueira de Ferrol

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe as instalacións onde máis de 80 alumnos cursarán os ciclos de mecánica naval e transporte marítimo
A Policía Local de Ferrol intervén en dez festas privadas durante a fin de semana

Tres conductores foron imputados por delitos contra a seguridade viaria e outros tres sancionados por dar positivo en alcohol e drogas
Detido no barrio do Inferniño un home que danou o mobiliario urbano e tirou obxectos contra os vehículos estacionados

En Caranza un home foi amonestado por tirar un colchón á rúa desde un sexto piso
Rescatadas dúas mulleres de avanzada idade que caeran nos seus domicilios

A Policía Local de Ferrol e os Bombeiros auxiliaron a estas veciñas que quedaran inmóbiles no chan
Extraen máis dunha tonelada de lixo da ría de Ferrol na sexta edición da Gran Limpeza Internacional de Fondos Mariños

Mergulladores da Armada, membros do Club do Mar e da propia Autoridade Porturia participaron nesta actividade medioambiental que se fixo simultánemente en 40 puntos de toda España
Un lobo mariño «acomódase» na ría de Ferrol para sorpresa dos veciños e paseantes

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños pide deixarlle espazo e tranquilidade para esta femia de menos dun ano de idade
Terceiro día consecutivo no que baixan os casos de Covid na área de Ferrol

Os contaxiados actuais por coronavirus son 164, vintecinco menos que o pasado mércores
A Armada dotará a Ferrol de 60 rastrexadores de coronavirus

A petición da Xunta a Armada comezará os labores de rastrexo de maneira conxunta co SERGAS o vindeiro luns 28 de setembro en turnos de 09.00 a 22.00 horas