Julián Reina reúnese cos veciños do Ensanche A para incluílo no ITE

O Concello de Ferrol estuda introducir o barrio no ámbito de actuación da Inspección Técnica de Edificios, permitindo numerosas reformas nos bloques máis afectados
O concerto de James Rhodes previsto para este 19 de setembro aplazarase para o 10 de abril do próximo ano

É a segunda vez que se suspende este espectáculo do grandioso pianista británico que promete deleitar ao público ferrolán coa música de Beethoven
Ferrol e a Fundación Santo Hospital de Caridad de Ferrol rubrican un novo convenio de colaboración

Co novo acordo o Concello de Ferrol comprométese a subvencionar á entidade social cun total de 48.000 euros, 18.000 máis que no exercicio anterior
O novo Consello Escolar de Ferrol aborda de maneira conxunta o inicio do vindeiro curso

Representantes dos partidos, das asociacións veciñais e da comunidade educativa decidiron varios temas de interese como o protocolo nos comedores e nas aulas
A asociación Ferrolterra Antiga critica os murais realizados na igrexa de San Rosendo durante as Meninas de Canido

A entidade considera que se afectou negativamente a un ben patrimonial de máis de 200 anos de historia e pide explicacións aos responsables
Ferrol levará a cabo unha nova convocatoria de axudas polo plan PAME

Invertiranse case 300.000 euros neste novo chamamento para impulsar a economía local nunha situación tan delicada como é a actual
Os comedores dos CEIP ferroláns gozarán de dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal

Un total de dez centros escolares espallados pola cidade poderán ampliar a súa seguridade con estes novos dispositivos, cuxa inversión alcanza os 20.000 euros
Os Bombeiros de Ferrol sobrevoarán a cidade con drons para atopar niños de velutinas

O Concello pedirá os permisos pertinentes para, mediante a calor que desprenden, póidanse descubrir os diferentes niños destas vespas tan perigosas
Navantia sacará a licitación o servizo de mantemento integral dos estaleiros de Ferrol e Fene

Os sindicatos lembraron que os 57 traballadores que actualmente desenvolven estas tarefas terán que ser subrogados en cumplimento de convenio do sector siderometalúrxico
Comeza o reparto das axudas á escolarización no Concello de Ferrol

Hoxe mércores 9 de setembro as familias beneficiadas poderán achegarse ao Edificio Social a recoller estas subvencións para adquirir material escolar