Ferrol recibirá 332.750 euros da Xunta para recuperar as súas Areas de Rehabilitacion Integral

En total son catro as zonas da cidade que gozarán desta subvención, as rúas de Ferrol Vello e da Magdalena, as de A Graña, Esteiro Vello e o barrio de Recimil
Inícianse as obras de mellora dos aparcadoiros e vías de acceso nos centros hospitalarios de Ferrol

A Xunta de Galicia impulsará reformas para reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade no Hospital Naval, no Arquitecto Marcide e no Novoa Santos
O programa «Xantar na Casa» destinado ás persoas maiores contará con ata 30 prazas máis

O Concello de Ferrol amplía a oferta tras pactar un novo convenio, unha axuda que permite proporcionar alimentación á poboación envellecida e sen recursos os sete días da semana
Neobel abrirá as súas portas nos próximos días no antigo local de Zara

Un novo establecemento ocupará o espazo dun dos comercios máis emblemáticos de Ferrol, onde durante máis dunha década estivera a franquicia máis famosa do grupo Inditex
O patrulleiro da Armada «Arnomendi» chegará o vindeiro sábado ás augas de Santander

O buque pertencente ás Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol está a realizar tarefas de vixilancia e inspección pesqueira en augas do Cantábrico
O concello de Ferrol duplicará as tareas de desinfección nas rúas máis transitadas da cidade

Ademais dos bombeiros encargarase unha brigada dos servizos de limpeza, e en setembro iniciaranse preto das escolas debido ó comezo das clases
O vindeiro venres cambiará a normativa vixente á hora de estacionar nos areais de Ferrol

Nalgunhas praias da comarca só poderase aparcar cunha limitación de seis horas, e as autocaravanas terán a súa propia área habilitada para evitar conflitos
O tráfico de mercadorías no peirao de Caneliñas alcanza cifras récord en 2020

Tras a aposta por dúas liñas de Containerships que conectan o mercado galego co norte de Europa, nos primeiros sete meses do ano as mercadorías aumentaron máis dun 30%
O concello saca a licitación a reurbanización da rúa Espartero de Ferrol Vello

O orzamento do que disporá o contrato é de máis de 620.000 euros, e o prazo de presentación das propostas para adxudicar as obras remata o 8 de setembro
O Concello de Ferrol e Aspaneps firman un novo convenio de colaboración

A entidade dedicada a prestar atención socioeducativa a menores recibirá un total de 40.000 euros para desenvolver as súas iniciativas o vindeiro ano