Pontón reclama en Recimil «unha nova política social de vivenda» para Galicia

A candidato do Bloque á Xunta visitou o barrio ferrolán onde explicou as súas propostas en materia de vivenda pública
Eb1MA9qXQAAPplA

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, visitou hoxe o barrio ferrolá de Recimil, -integrado por un millar de vivendas de protección pública-, para explicar as propostas de goberno do BNG en materia de acceso a unha vivenda digna, tanto en réxime de compra como de alugueiro.

A portavoz nacionalista denunciu en Recimil as dificultade as dificultades para poder acceder a unha vivenda de protección pública «tras unha década de Goberno de Feixóo de completo abandono da política social de vivenda» e que, según Pontón, “con miles de persoas en ERTE ou en ERE, onde os ingresos de moitas persoas e familias caeron en picado, é máis urxente ca nunca poñela en marcha».

Os datos, explicou, «son elocuentes e retratan o abandono do Goberno de Feixóo neste materia, cun recorte dun 85% dos fondos destinados a vivenda pública e un recorte do 50% dos fondos destinados a rehabilitación». Pontón argumentou que en 2019 a Xunta só ofreceu 4 novas vivendas de protección pública, mentres que o rexistro de demandantes de protección oficial ten hoxe cerca de 15.000 persoas inscritas.

Rehabilitación integral de Recimil

Tras o seu encontro coa Asociación veciñal de Recimil, Pontón fixo un percorrido por este emblemático barrio e comprometeu o apoio do BNG para desenvolver desde a Xunta un programa de recuperación do barrio, tanto dese o punto de vista arquitectónico, funcional como social.

“Recimil é un barrio central na cidade e hai que actuar para frear o seu deterioro, é necesario unha rehabilitación das edificacións, -incluíndo tamén a recuperación do colexio e do mercado-, e que esta recuperación das vivendas vaia da man de programas de inclusión social que dinamicen o barrio”, explicou, destacando que “Recimil é unha oportunidade de definir unha política social de vivenda acorde ás necesidades de Ferrol aproveitando este patrimonio público de vivendas e que esta recuperación vaia da man de programas de inclusión social que dinamicen o barrio”.

Transferencia das vivendas do «banco malo»

“O goberno que aspiro a liderar tras o 12-X vai desenvolver unha política social de vivenda acorde coas necesidades actuais”, recalcou a candidata nacionalista antes de explicar algunhas das propostas máis significativas do programa de goberno do BNG.

Entre esas medidas, explicou que está demandar a transferencia das vivendas da SAREB ubicadas en Galicia para colocalas a prezos que podan pagar a xente moza e as familias con menos recursos, ao que se sumaría a posta en funcionamento dun banco de vivenda pública para administrar e xestionar vivenda baleira con perspectiva social, sobre todo en réxime de alugueiro, tendo en conta que no país hai 300.000 vivendas baleiras, arredor de 90.000 nas grandes cidades

O BNG tamén prevé actuar vía fiscal, cun imposto sobre as vivendas baleiras propiedade de persoas xurídicas, -fondos voitre ou entidades bancarias-, para aplicar a vivendas desocupadas durante máis de dous anos sen causa xustificada.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.