Pontón reclama en Recimil “unha nova política social de vivenda” para Galicia

A candidato do Bloque á Xunta visitou o barrio ferrolán onde explicou as súas propostas en materia de vivenda pública

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, visitou hoxe o barrio ferrolá de Recimil, -integrado por un millar de vivendas de protección pública-, para explicar as propostas de goberno do BNG en materia de acceso a unha vivenda digna, tanto en réxime de compra como de alugueiro.

A portavoz nacionalista denunciu en Recimil as dificultade as dificultades para poder acceder a unha vivenda de protección pública “tras unha década de Goberno de Feixóo de completo abandono da política social de vivenda” e que, según Pontón, “con miles de persoas en ERTE ou en ERE, onde os ingresos de moitas persoas e familias caeron en picado, é máis urxente ca nunca poñela en marcha”.

Os datos, explicou, “son elocuentes e retratan o abandono do Goberno de Feixóo neste materia, cun recorte dun 85% dos fondos destinados a vivenda pública e un recorte do 50% dos fondos destinados a rehabilitación”. Pontón argumentou que en 2019 a Xunta só ofreceu 4 novas vivendas de protección pública, mentres que o rexistro de demandantes de protección oficial ten hoxe cerca de 15.000 persoas inscritas.

Rehabilitación integral de Recimil

Tras o seu encontro coa Asociación veciñal de Recimil, Pontón fixo un percorrido por este emblemático barrio e comprometeu o apoio do BNG para desenvolver desde a Xunta un programa de recuperación do barrio, tanto dese o punto de vista arquitectónico, funcional como social.

“Recimil é un barrio central na cidade e hai que actuar para frear o seu deterioro, é necesario unha rehabilitación das edificacións, -incluíndo tamén a recuperación do colexio e do mercado-, e que esta recuperación das vivendas vaia da man de programas de inclusión social que dinamicen o barrio”, explicou, destacando que “Recimil é unha oportunidade de definir unha política social de vivenda acorde ás necesidades de Ferrol aproveitando este patrimonio público de vivendas e que esta recuperación vaia da man de programas de inclusión social que dinamicen o barrio”.

Transferencia das vivendas do “banco malo”

“O goberno que aspiro a liderar tras o 12-X vai desenvolver unha política social de vivenda acorde coas necesidades actuais”, recalcou a candidata nacionalista antes de explicar algunhas das propostas máis significativas do programa de goberno do BNG.

Entre esas medidas, explicou que está demandar a transferencia das vivendas da SAREB ubicadas en Galicia para colocalas a prezos que podan pagar a xente moza e as familias con menos recursos, ao que se sumaría a posta en funcionamento dun banco de vivenda pública para administrar e xestionar vivenda baleira con perspectiva social, sobre todo en réxime de alugueiro, tendo en conta que no país hai 300.000 vivendas baleiras, arredor de 90.000 nas grandes cidades

O BNG tamén prevé actuar vía fiscal, cun imposto sobre as vivendas baleiras propiedade de persoas xurídicas, -fondos voitre ou entidades bancarias-, para aplicar a vivendas desocupadas durante máis de dous anos sen causa xustificada.

 

Salir de la versión móvil