PPdG e BNG reclaman ao Goberno central carga de traballo e investimentos para as factorías de Navantia na ría de Ferrol

Os populares levarán á comisión de Industria unha moción para que o executivo de Feijoo inste ao de Pedro Sánchez a conseguir novos contratos

Mercedes Tobío, portavoz comarcal do BNG, e Ramón Fernández, deputado no Parlamento galego.

A comisión de Industria da Xunta de Galicia, que se celebrará mañá, terá sobre a mesa un asunto fundamental para a comarca de Ferrolterra como é a falta de carga de traballo nos estaleiros de Navantia na ría. O grupo parlamentario do PP levará unha moción na que insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno central na demanda de carga de traballo e investimentos para desenvolver o estaleiro 4.0.

Os populares aseguran na súa moción que a chegada dos socialistas á Moncloa supuxo o “desleixo dos estaleiros ferroláns” e culpan ao executivo de Pedro Sánchez de retrasar o proxecto das F-110 e de impedir que Navantia acadara contratos internacionais como o proxecto FFG(X) dos Estados Unidos.  Ademáis desde o grupo popular critican con dureza que o Ministerio de Defensa non teña en mente construir un buque de aprovisionamento de combate para a Armada (AOR) durante 2021, que será, según as previsións, un ano en blanco.

Pola súa banda, o BNG mostrouse crítico ante o “cinismo” e a “posta en escea” dos populares “facendo que lle esixen algo ao Goberno central”, dixo o deputado nacionalista Ramón Fernández. Desde o BNG lembraron ao PP que o goberno de Rajoy retrasou deliberadamente durante dous anos o proxecto das fragatas F-110 para intentar adaptalas aos misís que fabricaba a ex empresa do ministro popular Pedro Morenés. “É curioso que sexa o Partido Popular o que fale agora de retrasos despois de aquel escándalo”, asegurou.

Ademáis, os nacionalistas tamén recordaron que a presidenta da SEPI durante o goberno de Rajoy, Pilar Platero, declarou públicamente que Navantía non ía competir no mercado civil, unha demanda que agora sí incorporan os populares na súa moción. Ramón Fernández pediu ao PP que abandone a hipocresía e deixe de facer brindis ao sol. “Sabemos que o Partido Popular e o PSOE, no que refire á construcción naval son como a Panorama e a París de Noia, orquestas distintas pero coa mesma música. E aquí o que necesitamos é cambiar a partitura”, asegurou o deputado ferrolán.

Así pois, desde o BNG realizaron unha enmenda á moición do grupo parlamentario popular na que se reclama, principalmente, que Navantia recupere todo tipo de mercados e neste plantexamento, insistiron os nacionalistas, “a construcción civil é fundamental. É a única diversificación posible na comarca”. No documento de enmenda explican que debería facerse no segmento dos cruceiros e dos buques offshore, “onde a antiga Astano acumula un enorme coñecemento e man de obra cualificada para elo”, lembrou Ramón Fernández.

“Non hai que esquecer que o Estado é o principal empresario da comarca, que a SEPI dispón de centos de miles de metros cadrados de propiedade pública nunhas instalacións impresionantes nas que se pode facer calquera tipo de construcción naval civil, como xa se fixo anteriormente. Pero para iso é necesario realizar unha redefinición estratéxica do plan industrial de Navantia. E iso lle corresponde ao Estado”.

Outros dos puntos no que poñen o acento o partido nacionalista é o da fábrica de turbinas. O deputao Ramón Fernández explicou que un dos problemas deste departamento é que non ten produtos propios, polo que está sometido aos encargos dalgunhas empresas privadas. “Navantia necesita desenvolver produtos propios no sector das turbinas para a xeración de enerxía e potenciar o taller de mecanizado convertíndoo nun referente estatal da empresa que dea servizo a todos os centros”, di o BNG na súa enmenda.

Ademáis, entre outros puntos que recolle o documento se inclúe a posta en marcha dun centro tecnolóxico na ría de Ferrol na que participe a Xunta, a SEPI a UDC e a propia Navantia, ou a incorporación inmediata como persoal propio da empresa principal de tantos operarios como marcharon ou está previsto que marchen debido ao último plan de reestructuración.

Salir de la versión móvil