O Concello de Ferrol recibiu un total de 119 solicitudes de comerciantes, autónomos e pemes do municipio par acceder á segunda liña de axudas do Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME Ferrol). Un paquete de axudas dotado de dous millóns de euros dirixido a paliar os efectos negativos da covid-19 no tecido económico. A principios do mes de setembro o Concello abonou gran parte das subvencións, 1,7 millóns entre 1.155 beneficiarios, correspondentes á primeira convocatoria.
Co remanente ata chegar aos 2 millóns, un total de 297.610 euros, o goberno local publicou unha segunda convocatoria de axudas, da que quedaban excluídos os negocios que resultaron beneficiarias na anterior edición. O prazo para presentar solicitudes a esta segunda convocatoria rematou o venres pasado e presentáronse un total de 119 solicitudes.
Unha vez remate a avaliación de todas as peticións, nos próximos días publicaranse as listas provisionais dos propostos como beneficiarios, dos que non cumpren os requisitos e, polo tanto, son desestimados, e das solicitudes pendentes de entregar máis documentación, para o que proximamente se abrirá un prazo de subsanación. Pode consultarse toda a información na páxina web do Concello