Preto de 250 ferroláns xa recibiron axuda do pograma «Se non podes, imos nós»

Foi unha das primeiras medidas postas en marcha polo goberno municipal de Ferrol para facer a compra de alimentos ou medicamentos ás persoas vulnerables durante a crise do coronavirus
91042594_10156077414542168_3971935276590170112_n

O Concello de Ferrol, a través da campaña “Se non podes, imos nós”, realizou no primeiro mes de confinamento preto de 250 servizos a persoas que nestes momentos se atopan en illamento sanitario ou teñen mobilidade reducida e non poden saír a mercar alimentos ou medicamentos e tampouco teñen un familiar que poida realizar ditas tarefas.

A través da concellería de Seguridade a agrupación de Protección Civil encárgase de atender as peticións das persoas máis vulnerables e acude por eles a mercar produtos de primeira necesidade. A loxística lévase a cabo baixo as máis altas medidas de seguridade sanitaria, xa que tanto a recollida do diñeiro, como a compra e a posterior entregan fanse con EPIs e seguindo tódolos protocolos de seguridade.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.