Preto de mil aspirantes aos 235 postos de Navantia na ría de Ferrol

Os exames desta oferta de emprego pública para nove especialidades realizarase entre o 14 e o 17 de xullo
Archivo- Protesta de los trabajadores del naval frente a la puerta de Navantia Ferrol
Archivo- Protesta de los trabajadores del naval frente a la puerta de Navantia Ferrol

Un total de 943 aspirantes aos postos de operarios e empregados junior para as plantas de Navantia na ría de Ferrol realizarán a próxima semana as probas de acceso, tal e informou onte a compañía tras publicar as listas de admitidos na súa páxina web.

As probas terán lugar entre os días 14 e 17 e a empresa pública informará aos candidatos antes do venres día 10 de xullo do lugar e a hora no que se realizan os exames, aínda que todo apunta a que terán lugar no recinto feiral de Punta Arnela, nunha das naves da antiga Feira de Mostras.

Son un total de nove especialidades as que se inclúen nesta oferta de emprego público entre as que se atopan Asistencia á dirección, Automática e Robótica, Automoción, Bachelerato e outros ciclos de FP, Construccións Metálicas, Fabricación mecánica, Mecanizado, Mecatrónica Industrial e Operacións de Laboratorio.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.