As forzas e corpors de seguridade do Estado desplegaron dende o domingo un Ferrol un intenso control sobre o tráfico rodado e a pé tras decretarse o estado de alarma en todo o territorio nacional. Aínda que has medidas foron expostas con claridade por parte dos membros do executivo central, algúns veciños da comarca desoiron as normas e xa foron sancionados.
Esta noite formuláronse en Ferrol as a primeiras denuncias por incumprir o estado de alarma. Dende a Policía Local explicaron que unha delas foi contra un home que deambulaba pola estrada de Castela e se resistiu a volver ao seu domicilio. Os axentes que o descubriron, cerca das dúas da madrugada, trataron de convencelo de que depuxera a súa actitude, pero negouse, ata que finalmente foi denunciado por incumprir a lei de seguridade cidadá.
Outros tres individuos tamén resultaron denunciados en termos similares tras ser localizados na rúa Marín despois de que varios veciños alertaran de que un pequeno grupo de persoas trataba de forzar a entrada dunha vivenda. Á marxe destes pequenos incidentes, a Policía Local quixo agradecer á cidadanía a súa comprensión e o que, en xeral, está a ser un comportamento exemplar.
As sancións que comportan este tipo de actitudes poden ir dende os 100 ata os 600 euros para os casos leves e poden chegar aos 30.000 no caso de faltas graves como a negativa de identificarse. Ademáis a Lei de Saúde Público contempla sancións máis cuantiosas, de entre 60.000 ata os 600.000 euros no caso de producirense conductas que conleven un grave risco para a saúde da poboación.