Propostas para adxudicación a reparación de beirarrúas en seis estradas provinciais de Ferrol

A Mesa de Contratación do Concello tamén deu o visto bo as obras nas envolventes das rúas Betanzos e Ares do barrio de Recimil
2019080623371268953

A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol aprobou a proposta para adxudicación a reparación de beirarrúas nas estradas da Deputación Provincial da Coruña DP-3603 (de Catabois a Cobas), DP-3604 (de San Xoán de Filgueira a Catabois), DP-3605 (de Penas de Guitín a San Xoán de Filgueira), DP-3608 (de Montecoruto a San Felipe), DP-3609 (Corrás a Malata) e DP-3612 (de Aneiros a Cabana), todas elas repartidas pola zona rural do municipio.

Trátase dunha actuación incluída no POS 2018 que conta cun importe de licitación de 114.877,09 euros. A empresa que obtivo a mellor puntuación deberá agora xustificar a baixa da súa oferta respecto desa cantidade.

Outra das contratacións que quedou lista, á espera de que a firma proposta como adxudicataria presente a documentación requirida polo Concello, foi a que corresponde ao subministro, en réxime de aluguer, de casetas de socorrismo para as praias. O importe de licitación, 9.212,40 euros.

A reunión serviu tamén para aprobar as actas das sesións do pasado luns nas que se adxudicaron a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-8 da rúa Betanzos por un importe de 1.465.980,85 euros e a rehabilitación da envolvente da edificación situada nos números 1-2 da rúa Ares (294.816,74 euros), ambas en Recimil, ao igual que a das melloras no aglomerado da avenida do Mar (200.983,13), tamén adxudicada ese día.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.