Protección Civil reparte na plaza de España bolsas con comida aos usuarios da Cociña Económica

O Concello habilitou unha carpa para que os beneficiarios dos almorzos fagan cola respetando a distancia de seguridade

O Concello de Ferrol empezou a facerse cargo dende hoxe do reparto de todos os menús que prepara a Cocina Económica para os seus usuarios. Ata o momento, viña distribuíndo os máis dunha decena que se levaban a domicilio, pero a primeira hora da tarde comezou a entregar os que ata onte facilitaba a institución na súa sede da rúa Rubalcava.

Para poder levar aa cabo este labor en condicións adecuadas, o goberno local contratou a instalación dunha carpa de 50 metros de lonxitude na praza de España na que os beneficiarios poderán agardar a súa quenda mesmo en condicións meteorolóxicas adversas. Baixo esta cuberta provisional colocouse un valado de separación e o chan marcouse de tal xeito que se poidan manter as distancias de seguridade que implica a actual situación de crise epidémica.

Os menús, que segue a elaborar o persoal da entidade benéfica na súa propia sede, dispóñense empaquetados no interior da Oficina de Turismo para que os catro voluntarios de Protección Civil que atenden este servizo vaian dándollos a cada usuario de maneira ordenada e tras comprobar a súa identidade. En total, hoxe entregáronse 108, mentres que a domicilio se serviron 11 máis.

 

Salir de la versión móvil