Queixos e terneira galega para os comedores do Arquitecto Marcide

A Consellería de Medio Rural fixo unha entrega de alimentos dentro da súa rede Mercaproximidade, para favorecer aos gandeiros locais

A Consellería do Medio Rural fixo entrega onte dunha partida de queixos e varias pezas de carne da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Tenreira Galega ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, culminando así coas doazóns realizadas a centros sanitarios galegos nos últimos días ao amparo da rede Mercaproximidade.

A iniciativa enmárcase dentro do plan do Goberno galego de adquirir produtos agroalimentarios da comunidade no marco da rede Mercaproximidade, impulsada pola Consellería do Medio Rural co fin de axudar aos agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalería e a restauración, así como pola suspensión dos mercados locais ata este pasado luns.

Desde a posta en marcha desta nova fórmula de venda o 15 de abril, máis de 450 industrias transformadoras e produtores adheríronse como provedores a Mercaproximidade. Da parte da distribución, colaboran a práctica totalidade das cadeas que operan en Galicia: Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, O Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour -cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA.

A iniciativa permanece aberta, tanto ás cadeas como ás empresas que fornecen a colectividades e ás plataformas de venda online. O obxectivo último é garantir o mantemento das explotacións agrogandeiras galegas para contribuír ao futuro do noso rural.

Salir de la versión móvil