Rematado o novo aglomerado do camiño Rioxunto-A Cancela, en Esmelle

Destináronse 89.000 euros a renovar un viario de 1.180 metros de lonxitude que da acceso a numerosas vivendas
O ancho medio de calzada aumento en catro metros
O ancho medio de calzada aumento en catro metros

O Concello de Ferrol vén de rematar unha nova actuación no firme de viarios na parroquia de Esmelle, neste caso o aglomerado do camiño RioxuntoA Cancela. Trátase dunha intervención incluída no Plan de Obras e Servizos POS+2021 á que se destinou preto de 89.000 euros para a renovación total do firme do camiño, incluídos os cruces con rúas adxacentes, e o pintado de nova sinalización de tráfico.

O camiño Rioxunto-A Cancela conta cunha lonxitude de 1.180 metros e un ancho medio de calzada de catro metros. Tal e como lembrou esta mañá a concelleira responsable de Obras, Servizos e Medio Rural, Ana Lamas, o viario da acceso a numerosas vivendas.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.