Rescatadas dúas mulleres de avanzada idade que caeran nos seus domicilios

A Policía Local de Ferrol e os Bombeiros auxiliaron a estas veciñas que quedaran inmóbiles no chan
Policia local (1)

Axentes da Policía Local interviñeron esta fin de semana no rescate de dúas mulleres nos seus respectivos domicilios. Esta mesma madrugada, arredor das dúas e cuarto, a Cruz Vermella púxose en contacto co 092 para informar de que unha veciña de 93 anos caera no interior do seu domicilio, na avenida do Doutor Fleming, e non se podía mover.

De inmediato enviouse unha patrulla ao lugar, pero, tras comprobar que resultaba imposible acceder á vivenda, solicitouse a axuda dos bombeiros. Estes entraron no inmoble por unha fiestra, con axuda dunha escada. Localizada a muller no seu cuarto, persoal do 061 prestoulle unha primeira asistencia, antes de trasladala ao hospital Juan Cardona.

O outro incidente destas características produciuse onte pola tarde. Neste caso foi o 061 o que reclamou a axuda da Policía Local para entrar nun piso da rúa do Deporte. A muller que vive nel, unha persoa maior, non respondía ás chamadas. Unha veciña que dispón de copia das chaves facilitoullas á patrulla. Nada máis entrar, os axentes atoparon á muller no chan. Estaba consciente, aínda que non se podía mover. Explicou que caera había arredor dunha hora. O persoal sanitario trasladouna a un centro médico.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.