Rescatado un home que se precipitou nos cantís de Prior

Un amplo dispositivo de Salvamento Marítimo, Cruz Vermella e Bombeiros despregouse na zona do porto de A Cova, en Cobas.

Un amplo dispositivo de emerxencias e salvamento depregouse esta mañá nas inmediacións dos cantís de Prior, preto da zona coñecida como a Cova, na parroquia de Cobas. Alí, atópase un pequeno peirao onde, sobre todo nos meses de verán, hai pequenos botes de pescadores.

Foi un voluntario da Cruz Vermella, que tamén é Policía Nacional, o que deu a voz de alarma ao centro de Salvamento Marítimo ás 09.18 horas desta mañá. Ata o lugar desprazouse un amplo dispositivo aéreo e marítimo de rescate formado polo helicóptero Helimer 401 e a lancha Beltelgeuse, ao que se uniron as lanchas da Cruz Vermella Pardo Bazán e Caja Badajoz.

Dada a dificultade de acceso á zona onde se encontraba o home, nun primeiro momento valorouse realizar un rescate por mar, pero finalmente foron os bombeiros de Ferrol, grazas a un equipo de descenso, os que lograron rescatalo e sacalo nunha camilla para ser trasladado ao Arquitecto Marcide.

 

Salir de la versión móvil