Axentes da Policía Local e da Policía Nacional, en colaboración cos bombeiros de Ferrol, rescataron onte a un turista que sufriu un accidente na zona de Punta Penencia. Arredor das dúas da tarde, a central do 092 recibiu aviso de que un home caera nunha zona de monte baixo e non era quen de saír do lugar. Persoas que se atopaban nas inmediacións escoitárono pedir auxilio e alertaron aos servizos de emerxencias.
Cando chegaron ao lugar, os policías comprobaron que se trataba dunha zona de difícil acceso xunto a un camiño estreito que leva á praia de Lumebó. En compaña de axentes nacionais de de efectivos do Corpo de Bombeiros que tamén acudiron, conseguiron guiar ao home, que non presentaba lesións de consideración. Segundo puido explicarlles, paseaba pola zona alta do monte cando enganchou e rompeu unha zapatilla, o que provocou que se precipitara ladeira abaixo.
Parou nunha mata de toxos e silvas que impediron que amortiguaron a caída, pero desconocía totalmente a zona e o seu teléfono móbil non tiña cobertura. Como non encontraba forma de salir de alí, pediu auxilio a berros e facendo señas cos brazos a unhas persoas que se atopaban nun monte próximo, que foron as que avisaron ao 112.