Sindicatos de Navantia e das auxiliares advirten ao delegado do Goberno dos despedimentos masivos nos próximos meses

Reclaman algunha carga de traballo para o naval de Ferrolterra, que podería perder preto de 3.000 traballadores das auxiliares en 2021
WhatsApp Image 2020-09-11 at 11.56.45 (1)

Una representación de delegados e delegadas da industria auxiliar de Navantia Ferrol e Fene mantivero hoxe en A Coruña unha reunión co delegado do Goberno, Javier Losada, para manifestarlle as dificultades que están a padecer non só como empresa pública, senón a situación industrial da comarca de Ferrolterra. «Unha comarca deprimida que actualmente se atopa cunha falla importante de carga de traballo», dixo o presidente do comité de Ferrol, Javier Galán. Os sindicatos lembraron que a situación vai ser máis grave que na primeira metade do presente ano, xa a saída do primeiro AOR australiano a pasada semana e a marcha do segundo AOR a finais de ano poderá supoñer despedimentos masivos na industria auxiliar. «Dos 2.000 que comezaron coa obra quedan 900 e eses xa non chegarán ao 2021».

Tamén criticou o presidente do comité «a publicidade» que tanto a empresa como a Xunta de Galicia fan respecto da carga de traballo que hai no estaleiro de Fene. Galán defende que é unha afirmación falaz e que o que existe é un aluguer das instalacións a empresas como Windar ou Nervión para fabricar os jackets. «O que reclamamos para Fene é unha carga de traballo efectiva por parte de Navantia que de resposta ao enorme desemprego da comarca e á subactividade da plantilla» da antiga Astano.

Do mesmo xeito, denunciaron ante o delegado do Goberno a actitude da corporación pública respecto ao departamento de turbinas, que é, en palabras de Galán, «un dos mellores talleres de mecanizado que hai en Europa» e que no consegue ningún contrato de importancia. «Parece que o empeño da actual dirección é facela desaparecer», dixo o presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol.  «Insistimos en que non é só un problema de falla de traballo, que o é, senón tamén de abandono industrial dunha comarca», rematou Galán.

Fondos Europeos

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, explicou que trasladará á empresa pública a posibilidade de optar a fondos europeos para garantir carga de traballo. Losada insistiu en que Navantia ten “capacidade para presentar proxectos á proposta que faga o Goberno de España” para o uso dos fondos europeos destinados a modernización de tecnoloxía, innovación e dixitalización, que forman parte dos 140.000 millóns de euros que recibirá España.

“Sería unha boa oportunidade”, subliñou Javier Losada. Por iso, trasladará á dirección de Navantia e ao Ministerio de Industria o abordado hoxe no encontro coa representación sindical, que busca garantir carga de traballo. O delegado do Goberno lembrou o investimento por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais de 160 millóns de euros. O obxectivo é poñer en marcha un taller de fabricación de subbloques para empezar a aplicar o modelo de estaleiro 4.0.

Javier Losada engadiu que o contrato das fragatas F-110 está en fase de desenvolvemento da enxeñería de deseño detallado das embarcacións. Son 4.317 millóns de euros que xerarán traballo durante 10 anos, coa primeira entrega prevista en 2026. O contrato supón unha oportunidade para que a comarca de Ferrol poida acoller nichos de excelencia tecnolóxica, de nivel de coñecemento elevado, que poden ser un proxecto de futuro a medio e longo prazo.

Caravana reivindicativa

Antes da reunión co delegado do Goberno, os representantes sindicais de Ferrol realizaron unha caravana reivindicativa nos seus vehículos polas rúas de Ferrol ata o estaleiro de Fene, onde os esperaban outros compañeiros da antiga Astano. Desde alí continuaron esta caravana reivindicativa ata a Coruña demandando máis carga de traballo para a industria naval de Ferrol.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.