Sogama abrirá os domingos para recoller o lixo de Ferrol

Empresa e Concello chegaron a un acordo que redundará "nunca mellor servizo aos veciños", según o goberno local

A planta de transferencia que Sogama ten no polígono naronés de Río do Pozo permanecerá aberta os domingos o tempo suficiente para que os camións da recollida de residuos sólidos urbanos de Ferrol poidan descargar nela. Así o acordaron a concelleira de Servizos, Obras e Medio Ambiente, Ana Lamas, e a dirección da empresa pública tras unha negociación na que a edil expuxo que para a cidade é imprescindible poder depositar os residuos os domingos para poder prestar un servizo adecuado aos veciños.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente tiña tomada a decisión de pechar as instalacións o último día da semana, entendendo que esa medida non afectaría ao funcionamento da recollida de lixo nos municipios da comarca. Sen embargo, no caso de Ferrol, polo volume de habitantes da cidade, faise imprescindible ter acceso á planta de transferencia tamén ese día.

Lamas, que explicou este acordo na reunión ordinaria da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación que se celebrou esta mañá na sala de comisións do pazo municipal, indicou que Sogama “tivo moi boa disposición” á hora de atender a petición e alterar a súa planificación, cousa que lle agradeceu.

Salir de la versión móvil