A Dirección Xeral de Saúde Pública informou hoxe dun leve repunte nos casos positivos de coronavirus na área sanitaria de Ferrol. O último dato rexistrado foi de 343 casos, cinco máis que onte, o que supón un crecemento dun 1,48%. Un dato dentro do incremento medio que se ven dando na área de Ferrolterra dende o mes de abril.
A boa nova é que disminue o número de ingresados nos hospitais de Ferrol e aumenta o número de altas, que xa van por 54. A día de hoxe hai 39 persoas hospitalizadas -tres menos que onte-, das cales 8 atópase nas unidades de coidados intensivos -dous menos-. O resto de afectados polo virus, 304 doentes, que representan un 88,5%, atópanse nos seus domicilios con sintomatoloxía leve.