Tendedeiros revindicativos en Ferrol e Narón

A plataforma cidadá 8M Ferrolterra levou a cabo esta fin de semana unha acción de protesta denunciando o papel da muller nos coidados domésticos

A plataforma cidadá 8M Ferrolterra realizou esta fin de semana os primeros actos reivindicativos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo. Partindo da praza da Gándara en Narón, un grupo de mulleres foi colgando tendedeiros de mandis e roupa por puntos de Ferrol e Narón represenando a labor da muller nos coidados, o traballo na casa, o coidado dos nenos, dos pais e dos enfermos, “que derivan non só en fatiga física tamén en carga mental que tamén incide na saúde da muller”, explicaron dende a asociación.

Este ano dende Galegas 8M quérese incidir neste aspecto da opresión cara a muller “moi invisibilizado e pouco tido en conta, considerada como unha obriga innata, non agradecida nin remunerada”, denuncia a plataforma.

Viaxe a Verín

Así mesmo queremos informar que o día 1 de Marzo partiran de As Pontes e Ferrol buses cara Verín para participar na mobilización nacional do feminismo galego.

A asociación informou da viaxe que organiza a Verín con motivo dunha grande manifestación galega. Un bus sairá das Pontes  as 07:30, pasará por San Sadurniño (diante do concello), por Narón (Cocheras) e outro de Ferrol (as 08.00 horas dende o monumento 10 de Marzo) pasando polas paradas de liña regular de Caranza e Fene ata Vilar do Colo.

O bono custa 8 euros e pódese mercar nos locais e sindicatos indicados no cartaz, en casa de dúbida mandar email a ferrol8m@gmail.com ou chamar ao 630 21 98 61

 

Salir de la versión móvil