Todo a punto para o comezo das obras de ampliación da estrada de San Pedro

O reacondicionamento e ancheamento da vía iniciarase no vindeiro mes de setembro e contará cunha inversión de case un millón de euros
2020_08_25EstradaSanPedro02

As obras para ampliar a estrada provincial DP-3604 ou máis coñecida como estrada de San Pedro comezarán a mediados de setembro. É a previsión coa que traballan os responsables deste proxecto da Deputación da Coruña, tal e como lle trasladaron esta mañá do martes 25 de agosto ao concelleiro de Urbanismo, Julián Reina.

O edil visitou a zona onde se están a desenvolver estes días os labores previos de medición e sinalización, un tramo de arredor de 900 metros de lonxitude situado entre a rúa Escorial e a intersección coa FE-13, no que o Concello instalará novos puntos de luz. Ambos proxectos materializaranse de forma simultánea para optimizar recursos, polo que será necesaria a coordinación entre a Deputación e o Concello.

Obxectivos da obra

Os traballos consistirán no ancheo da plataforma dende os entre 5,40 e 6 metros actuais ata os 8, aos que se engadirán zonas de estacionamento e beirarrúas nos lugares onde non existen. Tamén inclúen a canalización de pluviais e servizos afectados, ademais da instalación de nova sinalización vertical e horizontal.

A Deputación destinou a este proxecto un investimento de 835.000 euros, mentres que o Concello encargarase da instalación dos puntos de luz, contando cun orzamento de 114.817,73 euros. Este proxecto esperado polos veciños será un paso significativo na mellora da seguridade viaria nunha vía que nace no mesmo centro de Ferrol e que desemboca nas inmediacións do hospital

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.