Últimos días para inscribirse na Escola municipal de Familias de Ferrol

Durante as xornadas abordaranse asuntos que interesan ao pais, como as conduta aditivas nos mozos, a sexualidade ou o acoso escolar
adolescentes-drogas.jpg
PUBLICIDAD

O Concello de Ferrol aínda mantén aberto, ata o día 21 de outubro incluído, o prazo de inscrición para participar un ano mais na formación que ofrece a pais e nais de Ferrol a Escola municipal de Familias, unha iniciativa posta en marcha pola Administración local que busca contribuír á mellora das habilidades educativas, de xestión e de comunicación familiar e reforzar as súas competencias relacionadas coa educación dos seus fillos.

Trátase de crear un espazo de “reflexión e de intercambio” de experiencias no que se abordan asuntos como a comunicación familiar e os estilos educativos, as normas e límites, a adolescencia, as drogas e as adicción en xeral, tal e como lembrou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero.

A edición deste curso escolar contará con tres módulos. O primeiro, para o que está aberto o prazo de inscrición, estará dedicado á prevención das condutas aditivas e desenvolverase os días 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2022, de 17 a 18:30 horas. O segundo abordará a sexualidade na xuventude e o terceiro o acoso escolar, unha temática que a Escola de Familias abordará por primeira vez.
Os interesados en participar no primeiro módulo poden anotarse ata o 21 de outubro incluído na asociación Asfedro a través do correo electrónico [email protected] indicando nome e apelidos, número de fillos e idade dos mesmos, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. Tamén se pode formalizar a inscrición completando o formulario no enlace https://cutt.ly/8Bwr6u5.

Cambio de localización 

Este ano a Escola de Familias trasladarase á Casa Solidaria do Concello de Ferrol (ra Velázquez, 44), un espazo “máis céntrico que o Edificio Social, onde se viña desenvolvendo, que permitirá asistir a un maior número de nais e pais”, indicou a edil. Desenvolverase en colaboración co Grupo de Traballo de Infancia, Adolescencia e Familia, un órgano impulsado polo Concello de Ferrol e integrado por diversas entidades sociais.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.