Un acordo histórico: O Porto de Ferrol cede ao Concello preto de 250.000 metros cadrados de terreos para usos públicos

As negociacións entre as entidades pon fin a un convenio obsoleto e suporá a desafectación de varias parcelas do litoral entre Ferrol Vello e A Cabana
DSC_4534

O Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria acaba de asinar un acordo histórico coa cesión de 245.774 metros cadrados de terreo na Malata, A Cabana e Ferrol Vello, que a entidade portuaria cederá gratuítamente á cidade departamental. Ese pacto, en forma de convenio, ten que ser autorizado por Portos do Estado, o Ministerio de Facenda e o pleno da corporación municipal, ao que se someterá a aprobación do documento na sesión ordinaria de leste mesmo mes de xullo.

Negociado polo alcalde, Ángel Mato, e o presidente do Porto, José Manuel Vilariño, o borrador do convenio establece que a Autoridade Portuaria, previa desafectación, cederá ao Concello para fins de utilidade pública un paquete de bens que actualmente forman parte do dominio portuario en virtude do anterior convenio, firmado en 1990, hai 30 anos, e que deixou de estar en vigor o pasado 10 de xullo.

Un dos primeiros efectos deste acordo será o aforro para as arcas municipais dos pagos que actualmente realiza ao Porto pola ocupación dalgunhas parcelas, como son as zonas do estadio de fútbol de A Maltata e súa contarna e o pavillón polideportivo de A Malata e os seus aledaños. Ao Concello correspóndelle anualmente o abono á Autoridade Portuaria de senllas taxas de 146.433 e 412.765 euros. A partir da entrada en vigor do convenio, as arcas municipais se aforrarán ese desembolso de case 560.000 euros ao ano.

Ademais, o acordo inclúe o traspaso á cidade da estrada alta do Porto, así como do vial de comunicación entre as estradas alta e baixa do Porto, 37.143 metros cadrados en total. Igualmente, Ferrol incorporará ao seu patrimonio 33.443 metros cadrados de superficie na Cabana, espazo onde se atopan a estación de impulsión, o local da asociación de veciños, a igrexa, parte do paseo marítimo e un parque infantil.

Unha vez que se produza a cesión deses terreos ao Concello, a Autoridade Portuaria beneficiarase, durante dez anos, dunha exención de pago do convenio subscrito co Concello en materia de prevención e extinción de incendios. En aplicación deste acordo, o Porto vén abonando anualmente ás arcas locais, mediante compras de material ou ben en efectivo, uns 80.000 euros, a cambio dos cales os bombeiros da cidade responden a incidencias nas súas instalacións. Ademáis a entidade portuaria deixará de aboar o Imposto de Bens Inmobles ao desfacerse destes terreos.

Un novo paseo e unha cidade do deporte

Este convenio supón un estreitamento de lazos entre dous das principais institucións da cidade. Ademais, acaba cunha situación anómala como é o feito de que a Autoridade Portuaria manteña hoxe a propiedade de terreos que, por mor da evolución das necesidades operativas dos tráficos marítimos, quedaron en desuso ou ben perderon a súa función orixinal para converterse en estradas ou parcelas de aproveitamento social e deportivo.

O alcalde de Ferrol explicou que o Concello ten previsto realizar importantes proxectos de futuros nestas zonas que pasarán a ser de propiedade municipal, como a mellora integral do paseo marítimo de A Malata, «unha demanda da cidadanía», explicou Mato, e que requerirá dunha importante inversión a medio prazo. Outros dos proxectos que adiantou o rexedor local é a construcción dun pequeno mirador sobre a ría na estrada Alta do Porto.

Pero o proxecto máis ambicioso será a transformación de toda a contarna da Malata nunha especie de cidade do deporte que abarque desde o pavillón polideportivo ata o estadio da fútbol pasando por FIMO e propia ensenada. «Ten que ser un gran recinto deportivo, que estea físicamente unificado e que poida acoller non só competicións de carácter local, senón nacionais ou internacionais. Pódese converter no maior complexo deportivo de Galicia». Mato tamén avanzou que se proxectarán obras de mellora para o propio estadio municipal de A Malta.

Unha negociación histórica

En rolda de prensa conxunta, Vilariño e Mato presentaron esta mañá o acordo. O presidente da Autoridade Portuaria cualificou o pacto de “histórico”. “Mañá é o día grande Galicia e hoxe é un gran día para Ferrol. Os bos acordos son aqueles en os que todas as partes ceden para que gañe o colectivo. E hoxe, sen ningunha dúbida, gana Ferrol”, dixo o presidente do Porto. “Nestes tempos de incertezas e tribulacións -abundou- os cidadáns non entenderían que as súas institucións, con independencia de quen as presida, non camiñasen xuntas, non avanzasen da man como hoxe o estamos facendo aquí”. Tamén tivo palabras de agradecemento tanto para o seu equipo como para o rexedor.

Pola súa banda, o alcalde insistiu no valor desa vontade de achar acordos mencionada polo presidente da Autoridade Portuaria. “Cando todos tentamos ir da man, na mesma dirección, gana Ferrol, gaña a cidadanía”, dixo. Mato entende que coa firma deste convenio o Porto cederá “unha superficie que xa non lle é útil e a cidade si necesita. De feito, leva décadas dándolle uso”. “Coincido contigo, presidente, en que este é un día histórico, polo contido do acordo e por como se chegou a el, sempre co mellor dos ánimos e en busca do ben de Ferrol”, concluíu Ángel Mato.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.