Un conductor da positivo en cocaína e cannabis tras unha persecución

A Policía Local de Ferrol logrou incerteptar ao vehículo, que se dera a fuga no entorno de Santa Mariña

A Policía Local de Ferrol denunciou na madrugada de onte (noite do mércores ao xoves) ao condutor dun vehículo por arroxar un resultado positivo en cocaína e cannabis na proba de drogas despois de protagonizar unha persecución no entorno de Santa Mariña.

Sucedeu pasada a unha da madrugada, cando os axentes se encontraban de servizo circulando pola avenida de Santa Mariña, en dirección á estrada de San Pedro. Nese momento observaron que dende a rúa Cabalo Branco se aproximaba un turismo co sistema de iluminación apagado. Ante esta situación, a patrulla policial deteu o seu vehículo para advertir ao condutor, cando comprobaron que o despois denunciado realizou un brusco xiro incorporándose á vía de servizo da FE-15. Comezou unha persecución e deuse aviso a outro vehículo patrulla para que se unira á operación.

Tras unha chamada da central do 092 na que se informaba de que unha veciña do camiño do Loureiro advertía da presenza dun vehículo de similares características, os axentes desprazáronse á zona e atopáronse co coche referido estacionado e dúas persoas no seu interior.

A Policía Local identificou aos ocupantes. O conductor foi sometido á proba de alcohol, con resultado negativo, e de drogas, na que deu positivo en cocaína e cannabis, polo que foi denunciado administrativamente. Tamén o foi por conducción neglixente.

A Policía Local indica que do mesmo modo foi denunciado ante a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña por non someter o vehículo á ITV. O automóbil foi inmobilizado e retirado ao depósito municipal. Pola súa banda, o copiloto presentaba signos externos de embriaguez.

Salir de la versión móvil