Son moitos os veciños que nas últimas semanas están sorprendidos pola presenza na ría de Ferrol do que parecer ser unha foca, que ten por costume botar unhas sestas ao sol preto da zona de San Felipe. En realidade, tal e como explican desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) trátase dun exemplar de lobo mariño cincento (Halichoeus grypus). Ao parecer, é unha femia xuvenil de algo menos dun ano de idade.
Aínda que non é de todo habitual ver a estes mamíferos pola ría, xa que soen ser animais bastante gregarios e móvense en grupos, de cando vez pódese avistar algún exemplar como este que viaxa polo litoral ártabro rumbo a outras latitudes. Desde a CEMMA lembra que compre ser respectuosos coa súa presenza, deixarlle a máxima tranquilidade e non achegarse a ela.